Monday 16 de September de 2024

Os 14 ciclistas camariñáns comezan mañá a ruta Camariñas-Peniche


· O pasado venres tivo lugar a presentación institucional desta iniciativa, organizada entre o Concello e o club PC Baikers

· O obxectivo é reforzar o irmandamento entre as dúas vilas e levarase a cabo do 26 ao 29 agosto.

· Percorrerán 586 quilómetros con paradas en Vigo, Porto, Figueira da Foz, Serra d’El-Rei e Peniche.

O pasado venres, fronte á casa do concello, tivo lugar a presentación institucional da ruta ciclista entre Camariñas e Peniche, organizada polo Concello de Camariñas e o club ciclista PC Baikers do Vilán, que comezará mañá, luns 26 de agosto e que ten o obxectivo de reforzar o irmandamento existente entre as dúas vilas desde o ano 2011.

No acto participaron a alcaldesa, Sandra Insua, a concelleira de Turismo, Encarna Liñeiro, e o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, que tamén participará na expedición, ademais de 10 dos 14 ciclistas que forman esta expedición.

A ruta lugar do 26 ao 29 os cilcistas percorrerán 586 quilómetros en catro etapas, facendo paradas con recibimento oficial en Vigo, Porto, Figueira da Foz, Serra d’El-Rei e, por último, Peniche.

As etapas son as seguintes:

1. 26/08/24: Camariñas – Vigo (154 km).
2. 27/08/24: Vigo – Porto (151 km).
3. 28/08/24: Porto – Figueira da Foz (139 km).
4. 29/08/24: Figueira da Foz – Serra d’El-Rei – Peniche (142 km).

Na etapa final está previsto que un club local de ciclismo de Peniche acompañe, na totalidade ou en parte do percorrido, aos 14 ciclistas de Camariñas, que irán ataviados cun equipamento deseñado especialmente para a ocasión.